Publicidad:
La Coctelera

O ARCO DA VELLA

marketing do punto de venda (merchandising)

6 Junio 2006

¿Por que este título?

Elixín este título do “O ARCO DA VELLA”, porque penso que ten moita similitude co marketing do punto de venda ou “merchandising”:

O arco da vella é o resultado de millóns de gotiñas de auga que actúan coma prismas que permiten mediante a refracción descompoñer a luz solar, luz branca, nas radiacións que constitúen o espectro solar: violeta, anil ou índigo, cyan, verde, amarela, alaranxada e encarnada. No marketing do punto de venda hai que xogar coas cores para chamar a atención da clientela.

O arco da vella é un fenómeno asociado a determinados fenómenos atmosféricos As estratexias de marketing hai que coñecelas ben para aplicalas adecuadamente en cada momento e lugar.

O arco da vella, cando sae, métese entre os vales e montañas, parece que quere asexar as costumes dos habitantes que moran nas vilas e cidades e acompañar o mariñeiro na súa pesca. Para que o marketing sexa efectivo hai que realizar moitos estudos sobre o mercado, a clientela, a competencia, o surtido, etc.; asexa a vida e as costumes das persoas para estar atento ó seu cambio e novas necesidades.

Por último, o arco da vella alégranos a todos e todas cando aparece, a pesares de que tan só sexa unha "ilusión" que non podemos tocar. O marketing trata de enganar ao consumidor ou consumidora creándolle ilusións, tratando de atraelo/a para que merque.

servido por ferlanzada 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Camino

Camino dijo

Precioso nome para o teu blog e moi bo paralelismo.
Un saúdo

1 Julio 2006 | 07:30 PM

LANDON

LANDON dijo

Available free ringtones endangered for, ringtones invisible including itunes finds the itunes free ringtones tuyo .

5 Octubre 2009 | 04:53 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Aos que corren nun laberinto, a súa mesma velocidade os confunde. Séneca HispaLab
HispaLab

Últimos comentarios

Fotos

ferlanzada todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera